Entradas

Imagen
Charla sobre app “DESCUBRINDO AS TELECOMUNICACIÓNS CON MOBI E FONO” Na semana das ciencias utilizamos un libro interactivo da Fundación Telefónica para mostrarlle aos alumnos de primaria a importancia das Telecomunicacións e os grandes descubrimentos tecnolóxicos ao longo da historia. Como evolucionamos desde os primeiros gruñidos da linguaxe ata Internet e os teléfonos intelixentes de hoxe? Mobi, un novísimo teléfono do século XXI, e o seu entrañable avó Fono cóntannolo neste libro interactivo . Son 10 capítulos de ’Descubrindo as Telecomunicacións con Mobi e Fono’ , nós vimos unha pequena parte pero se vos descargades a aplicación poderedes coñecer moitos datos, anécdotas e curiosidades sobre os homes e os inventos que ao longo da Historia transformaron a sociedade . Unha apaixonante viaxe xunto a grandes xenios como Gutenberg, Maxwell, Marconi e moitos máis, no que podedes ir descubrindo e utilizando, a través da pantalla do computador, o móbil ou a tableta, os disti